Seguindo as directrices da Real Federación Galega de Fútbol, que segue as recomendacións da Real Federación Española de Fútbol e do CSD, o noso partido previsto para este domingo as 12:00 horas na Central de Os Remedios ante o CD Unión Arroyo disputarase a porta pechada como medida de prevención ante o COVID-19.

 

Poderedes seguir o partido como sempre por as notas redes sociais:

Facebook  Twitter  Instagram

 

“Comunicado oficial da RFGF”

Todas as competicións e eventos deportivos, profesionais e non profesionais, de ámbito estatal disputaranse tamén en Galicia a porta pechada.

A RFGF, seguindo as recomendacións da Real Federación Española de Fútbol a través da circular que enviou ás Federacións Territoriais onde lles traslada que, á vista da evolución da situación xerada pola transmisión do COVID-19, o Consello Superior de Deportes informou da adopción por parte do Goberno de España dun conxunto de medidas preventivas entre as que se atopan a celebración de todas as competicións e eventos deportivos, profesionais e non profesionais, de ámbito estatal e internacional a porta pechada.

Estas decisións estarán suxeitas aos cambios que se nos aconsellen en cada momento desde as autoridades sanitarias e deportivas.

Así, todas as competicións e eventos deportivos, profesionais e non profesionais, de ámbito estatal e internacional xogaranse tamén en Galicia a porta pechada ata novo aviso. As categorías que se ven afectadas son as seguintes:

  • Primeira División
  • Segunda División
  • Segunda División B
  • Terceira División
  • División de Honra Xuvenil
  • Liga Nacional Xuvenil
  • Primeira Iberdrola
  • Reto Iberdrola
  • Primeira Nacional Feminina
  • Primeira División de Fútbol Sala
  • Segunda División de Fútbol Sala
  • Segunda División B de Fútbol Sala
  • Terceira División de Fútbol Sala

Fútbol Base

En canto á competición do fútbol afeccionado e fútbol base en Galicia, a RFGF mantense á espera da decisión das autoridades autonómicas competentes. A RFGF comunicará de forma inmediata a todo o fútbol de Galicia calquera decisión definitiva respecto diso.

Cómpre salientar que este mércores terá lugar en Santiago de Compostela ás 18 horas unha reunión da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia con todas as Federacións Deportivas Galegas.

Leave a comment

 - 
Arabic
 - 
ar
Bengali
 - 
bn
German
 - 
de
English
 - 
en
French
 - 
fr
Hindi
 - 
hi
Indonesian
 - 
id
Portuguese
 - 
pt
Russian
 - 
ru
Spanish
 - 
es